Amigos Museo Eugenio Granell
Amigos Museo Eugenio Granell

Calquera persoa ou entidade pode colaborar coa Fundación Granell a través dos Amigos Museo Eugenio Granell.

A Fundación-Museo Eugenio Granell é un dos primeiros museos de arte do século XX que se crea en Galicia, que acabou por se converter nun referente do surrealismo internacional.

Dende a súa dirección, é primordial a participación dos diferentes públicos, cun interese especial por abrir o Museo ao exterior, creando un espazo novo baseado na colaboración e nas suxestións dos visitantes.

A Fundación ten como propósito o estudo da obra de Granell, do surrealismo e correntes afíns. Con este propósito, na súa sede, o Pazo de Bendaña, fanse exposicións temporais e outras nas que se dan a coñecer os diferentes fondos do Museo.

Ademais de exposicións temporais, ofrécense diferentes actividades: talleres didácticos para estudantes e grupos, visitas guiadas, publicacións, conferencias, cursos e talleres, ademais doutras actividades relacionadas coa arte.

Ao se converter  en Amigo do Museo Eugenio Granell, vostede, non so contribuirá ao mantemento da mesma, axudando a preservar e  divulgar a  riqueza do seu patrimonio, senon que apoiará tamén activamente o proxecto museístico, xerando propostas e suxerindo novas actividades.

Ver categorías e beneficios de Amigos Museo Eugenio Granell.

Se desexan facerse Amigos Museo Eugenio Granell cumprimenten este  formulario

Se desexan facer unha DOAZÓN cumprimenten este formulario.

Praza do Toural s/n
15705 Santiago de Compostela
A Coruña, España
secretaria@fundacion-granell.org

HORARIO MUSEO
Horario de inverno (outubro-maio)
Martes a Venres de 11.00 a 14.00 e 16.00 a 20.00h
Sábado: 11.00 a 14.00h
Domingo, Luns e Festivos: Pechado

TARIFAS
Xeral: 2€
Reducida: 1€
Gratuíta: Mais información en Contactar

 

 

 © 2005-2007 Fundación Eugenio Granell . Todos os dereitos reservados.