Didáctica no museo

Didáctica no museo é un servizo que se crea na Fundación Eugenio Granell no ano 1997, coincidindo coa presentación da exposición do artista Esteban Francés. Desde entón ata hoxe prodúcense actividades arredor das diferentes mostras temporais, dende visitas guiadas a talleres nos que se reflexiona  sobre as mostras, realizando diferentes exercicios de creatividade.

O obxectivo principal deste servizo é ofrecer ao visitante ou grupo unha completa información sobre as mostras, co fin de facilitar a comprensión das mesmas. Para isto se ofertan visitas guiadas a nivel individual, impartidas por estudantes de Historia da Arte en prácticas.

As visitas-taller están dirixidas a grupos que visiten o noso museo, previa cita, esta actividade sempre se realizará adecuándose as características diferentes dos  grupos que as requiran.

Unha vez realizado o percorrido polas mostras, preséntanse actividades de reflexión que posteriormente plasmaranse en distintos exercicios plásticos.

Creouse un espazo habilitado especialmente para este uso, que moitas veces convértese en sala expositiva dos traballos realizados, en especial dos máis pequenos.

As visitas-taller  -en galego, castelán ou outros idiomas se o grupo o require- teñen unha duración aproximada de hora e media, e deben ser concertadas por teléfono.

Paralelamente a estas actividades, existen talleres temporais impartidos por artistas para público de diferentes idades. O obxectivo destes talleres é converter o museo nun espazo non só de conservación, investigación e exhibición de obras de arte, senón nun espazo de creación.
O ciclo de talleres ten unha vocación multidisciplinar, impartiranse todo tipo de técnicas de creación plástica.

Existen, ademais talleres permanentes orientados ao público infantil, para a realización de proxectos específicos.

- As actividades que se ofrecen son gratuítas, excepto os talleres de artistas.

- Horario de visitas-taller: de 11.00 a 14.00 horas e de 16.00 a 19.00 horas.

-
Os grupos escolares poden solicitar actividades a partir dos 6 anos.

-
O número máximo de participantes aconsellable é de 25 alumnos.

-
Os grupos deben ir acompañados de persoal docente.

-
É importante a puntualidade dos grupos para o completo desenvolvemento da actividade.

Poden contactar con nós en:
981 576394 / 981 57 21 24, en horario de mañá e de tarde, ou por e-mail: didactica@fundacion-granell.org

 

IV Certame de Arte Escolar Eugenio Granell
Decembro, 2007
Premio Construción
"Porko de+gradao"
Ana Quintela González, 11 anos
CEIP Antonio Magariños, Cambados

IV Certame de Arte Escolar Eugenio Granell
Decembro, 2007
Premio Construción
"O ataque contra o lixo"
José Antonio Freire Romani, 10 anos
CEIP Emilio de Navasqües, Cruceiro de Ró, Outes

IV Certame de Arte Escolar Eugenio Granell
Decembro, 2007
Premio Debuxo
"En solidaridad por la escasez de agua. Los gallegos tenemos que empezar a respetar la naturaleza"
Lucía Rincón Pazos, 12 anos
Liceo La Paz, A Coruña
IV Certame de Arte Escolar Eugenio Granell
Decembro, 2007
Premio Pintura
"Jaque al medio"
Daniel Sanmartín Anca, 11 anos
Instituto Saturnino Montojo, Ferrol

IV Certame de Arte Escolar Eugenio Granell
Decembro, 2007
Premio Colaxe
"Queima sen sentido"
Javier Beiro Paris, 10 anos
CEIP Emilio de Navasqües, Cruceiro de Ró, Outes

IV Certame de Arte Escolar Eugenio Granell
Decembro, 2007
Premio do público
"O inimigo do bosque, o lume"
Clara Villamayor Rey, 9 anos
CEIP de Oca, A Estrada
 
Pazo de Bendaña
Praza do Toural s/n
15705 Santiago de Compostela
A Coruña, España
info@fundacion-granell.org

Horario Museo:
Verao (Xuño a Setembro):             Martes a sábado de 11:00 a 21:00 h. Domingo: de 11:00 a 14:00 h.

Inverno (Outubro a Maio):                Martes a sábado de 11:00 a 14:00 e de 16:00 a 21:00 h.                                Domingo de 11:00 a 14:00 h.

 © 2005-2007 Fundación Eugenio Granell . Todos os dereitos reservados.