exposicións
PECHADO POR REFORMAS
07/07/2009

DESDE O 10 DE XULLO O MUSEO PERMANECERÁ PECHADO POR REFORMAS NO SEU INTERIOR
Trasladamos as oficinas á Fundación Gonzalo Torrente Ballester, rúa do Vilar, nº 7, baixo, 15705 Santiago de Compostela
Poden contactar con nós, nos teléfonos: 981 57 21 24 ou 981 57 63 94 Correo electrónico: info@fundacion-granell.org

ANIVERSARIO EUGENIO GRANELL
27/11/2009
O 28 de novembro celebramos o 97 aniversario do natalicio de Eugenio Granell con esta pequena homenaxe na nosa web.
Misticos encontros e achados plásticos na obra de Eugenio Granell
10/10/2008
Fondos da Fundación Eugenio Granell
10 outubro, 08 – decembro, 09
Colección étnica. Fondos da Fundación Eugenio Granell
21/02/2009

20 febreiro - 7 xullo, 09
Escolla de arte popular latinoamericano procedente de Méjico, Venezuela, Puerto Rico e Guatemala.

Retrovisions. Guy Ducornet
07/05/2009
7 de maio - 7 de xullo
Ciclo: Xóvenes poéticas surrealistas
17/04/2009

Anasor Ed Searom
Cometas mitolóxicas
7abril - 17 maio
Nova entrega deste ciclo, orientado a aqueles novos valores da arte que utilicen como eixo fundamental da súa obra, procedementos ou técnicas que supoñan unha reinterpretación da estética surrealista.

Jorge Camacho. Doñana. O refuxio dos mitos
16/01/2009
16 xaneiro - 28 abril
Mostra individual dun autor clave do movemento surrealista na actualidade, o recoñecido artista cubano Jorge Camacho.
Espazo INSITU
22/01/2009

A Justine.
Mónica Cabo
22 xaneiro - 22 abril

Philip West. Bestiario
26/09/2008

Fondos da Fundación Eugenio Granell
26 setembro, 08 - febreiro, 09

Ciclo Valle-Inclán en Compostela
08/10/2008

Exposición: VALLE-INCLÁN: RETRATOS CARICATURAS E VISIÓNS do artista SIRO
8 de outubro / 8 de novembro
Prolóngase ata o 16 de novembro

Delicias do grotesco. Aldo Alcota
04/06/2008
Ciclo Xoves poéticas surrealistas
4 de xuño-28 de setembro, 08
Nova entrega dos ciclos de exposicións dedicados ós novos valores da plástica na Fundación Granell, os espazos INSITU e Xoves Poéticas Surrealistas.
Susana Wald e Ludwig Zeller: Diálogo
16/07/2008
16 de xullo - 28 de setembro, 08
Exposición conxunta de dúas personalidades senlleiras do movemento surrealista, Susana Wald e Ludwig Zeller, que mostrará unha selección da súa xa longa andaina creativa como autores surrealistas.
Eugenio Granell. O paxaro Pí e a lingua dos paxaros
15/05/2008
15 de maio - 21 de setembro, 08
Exposición monográfica da obra de Eugenio Granell, comisariada por Eugenio Castro.
Follas ventureiras. José María Seijas
22/05/2008
22 maio - 7 Xullo, 08
Nova mostra que forma parte do ciclo de exposicións dedicadas ao surrealismo a nivel internacional.
A propósito de...
20/02/2008
20 febreiro - 26 maio, 08
Exposición individual da artista Lili(ana)
Exposición pertencente ao ciclo: Xoves poéticas surrealistas
Maldita Europa. Xurxo Oro Claro
12/03/2008

12 marzo - 14 maio, 08
Unha vez máis, a Fundación Eugenio Granell fai agromar a pegada do Surrelismo na arte galega actual, nesta ocasión na figura do artista ourensano Xurxo Oro Claro.

Contemplando as trenzas do soño
23/01/2007
Colección Eugenio Granell. Fondos da Fundación
23 xaneiro, 07 - maio, 08
A exposición mostra unha selección dos óleos máis figurativos de Eugenio Granell.
Encontro entre o mundo antigo e o universo do soño
16/02/2007

Fondos da Fundación Eugenio Granell
16 de febreiro, 07 -5 de maio, 08

Planta Segunda (Sala III)
Comisaria: Monse Cea 
Esta exposición presenta unha reflexión sobre o modo de representación do espazo na obra de Eugenio Granell, a través dunha pequena selección de construcións e debuxos das diferentes etapas creativas do artista.

Danza da terra
22/11/2007

Colección étnica
Fondos da Fundación Eugenio Granell
22 de novembro, 07 - 5 maio, 08

Lugrís Vadillo. Textura de mar
06/02/2008
6 de febreiro-5 de marzo
Primeira planta
Textura de mar, é unha exposición de obra recente do artista galego Urbano Lugrís Vadillo. A mostra está enmarcada no ciclo de exposicións individuais dedicado a artistas surrealistas a nivel internacional, que ven organizando a Fundación Granell dende o comezo da súa andaina.
Eugenio Granell militante do POUM
10/10/2007
10 de outubro 2007- 27 de xaneiro de 2008
Con esta exposición a Fundación Eugenio Granell quere sumarse ós actos que realizará a Fundación Andreu Nin polo 70 aniversario do asasinato do político e para a recuperación da memoria histórica do POUM.
Memoria dun encontro vital
29/11/2007
Fondos da Fundación Eugenio Granell
29 novembro 07 - 13 xaneiro 08
Dende hai uns anos, a Fundación celebra o natalicio de Eugenio Granell; o presente ano queremos renderlle tamén homenaxe polo seu natalicio á tamén artista Amparo Segarra esposa, compañeira, e apoio indiscutible de Eugenio Granell, cunha exposición de obras de ámbolos dous: Memoria dun encontro vital, comisariada por Monse Cea.
Canto de paxaros
19/09/2007
19 de setembro - 19 de novembro
Expocición dos artistas holandeses Elizé Bleys e Rik Lina na que se establece un diálogo perfecto entre a obra pictórica de Rick Lina e a cerámica de Elizé Bleys e que forma parte do ciclo de Surrealismo internacional iniciado no ano 2005.
Espacio para novos valores: Insitu
19/06/2007
Pablo Orza
C.N.T.P.S : Cnmo converter unha esqueira nunha máquina de transporte interestelar
19 xuño - 6 outubro, 07
Sonámbula. Inconscientes para unha xeografía onírica
18/07/2007
18 de xullo - 26 setembro, 2007
Exposición colectiva de artistas surrealistas do cono Sur de América –de diferentes xeracións- que operan a través da plataforma de internet Sonámbula. A mostra está comisariada polo músico e artista plástico Enrique Lechuga, fundador da plataforma surrealista Sonámbula, creada no ano 2005
Gastrosofía do amor. Philip West
12/07/2007
Colección Philip West
Fondos da Fundación
11 xullo - mediados setembro, 07
Con este suxerinte título, a Fundación Granell  ofrece  unha exposición composta por unha serie de debuxos, a maioría pertencentes  a unha serie de alto contido erótico realizada no ano 1978, a  máis dunha pequena selección de pintura ó óleo que incide nesta temática.
Ciclo Xoves Artistas: Aviary-Gaiola de paxaros
11/07/2007
Wedgwood Steventon
11 julio - 27 agosto
Nova exposición dentro do Ciclo: Xoves poéticas surrealistas
Jourmutt. Jesús Otero-Yglesias
25/04/2007

25 abril - 12 xullo, 2007
Exposición individual do recoñecido artista lugués Jesús Otero-Yglesias.
Estamos ante unha mostra que re-interpreta desde unha óptica contemporánea a poética do obxecto surrealista: o rescate do obxecto común ao que se lle asigna un novo valor mediante o procedemento plástico do object trouvée/ obxecto atopado, redescuberto polo artista.

Valle en Compostela
13/06/2007

1 xuño - 8 xullo, 2007
Planta 2ª, Sala I
Forma parte dun programa de actividades organizadas pola Fundación Eugenio Granell en colaboración co Museo Valle- Inclán da Pobra do Caramiñal.

Arte popular relixiosa
09/02/2007
Colección étnica
Fondos da Fundación Eugenio Granell
Febreiro-xuño, 2007
Segunda planta (Sala I)
Selección de obras pertencentes á colección étnica dos Fondos da Fundación.
A exposición é unha mostra de obras de arte popular relixiosa de diferentes países. Así, xunto ás imaxes talladas de orixe español, poderemos contemplar outras pezas procedentes de Filipinas, Porto Rico, México ou Perú.
INSITU
23/02/2007
Iván Prieto
Instalación
1 febreiro - 31 maio 
É un espazo expositivo creado no 2006, situado na entrada do Museo e orientado á promoción da arte emerxente. Os artistas crean proxectos de intervención específica para este espazo que, este ano, conta coas intervencións de tres artistas galegos: Iván Prieto, Santi Jiménez e Pablo Orza.
Ciclo Xoves poéticas surrealistas
21/03/2007
Se busca al negrito cimarrón
David Planas
21 marzo - 21 abril
O debuxo por diante: A obra gráfica nas coleccións públicas da cidade de Compostela
13/03/2007
13 marzo – 19 abril
Primeira planta 
Esta exposición e froito dunha estreita relación institucional e unha mostra das principias coleccións públicas de arte da cidade de Santiago de Compostela: a colección do CGAC, a do Concello de Santiago, a da Fundación Eugenio Granell e a da Universidade de Santiago.
Colección Surrealista. Fondos
27/10/2006

Colección Surrealista
Fondos da Fundación Eugenio Granell
Setembro 06-marzo 07
Primeira planta
En 1995 inaugúrase este museo que alberga a obra de Eugenio Granell, a súa colección de arte surrealista e a de arte étnico. Esta colección é froito, entre outras razóns, das súas amizades con outros surrealistas.

O estudio e os amigos de Granell
03/01/2005

O estudio e os amigos de Granell
3 xaneiro 05 - 15 febreiro, 07
Segunda Planta (Salas II y III)
A exposición que ocupa as tres salas da segunda planta do Museo recrea o estudo de Granell co seu caballete, a caixa de pinturas e pinceis, a cadeira de brazos, máscaras, un estante con libros de temas que lle interesaban e figuras que tiñan un significado especial para el. 

¡A bailar!
01/08/2006

Agosto 2006 - 8 Febreiro, 2007
Segunda  Planta (Sala I)
Fondos do Museo
Exposición que mostra unha pequena selección da Colección Philip West.
Con este suxerinte título, a Fundación Eugenio Granell  ofrece  unha exposición composta por unha serie de óleos de grande formato, a máis dunha selección de obra sobre papel, todo pertencente á última etapa do artista surrealista británico (finais dos anos oitenta e década dos noventa).

Primavera en outono - María Chenut
05/10/2006

5 de outubro - 6 de novembro, 2006
Ciclo: Xoves poéticas surrealistas

Este ciclo está orientado a aqueles/as xoves creadores/as que utilicen como eixo fundamental da súa obra, procedementos, técnicas... que poidan supoñer unha reinterpretación do corpus estético surrealista. Así, María Chenut utiliza técnicas, procedementos, e ideas estéticas  propias da poética surrealista como a busca do marabilloso, o obxecto atopado, o colaxe....

Actos de Aniversario Eugenio Granell
10/11/2006
Un ano máis a Fundación Eugenio Granell organiza, no mes de novembro, unha serie de actividades para conmemorar o Aniversario do natalicio do artista.

Para consultar as obras publicadas no foro pinche aquí
Para rexistrarse no foro pinche aquí
Para enviar a obra á exposición online pinche aquí
Pazo de Bendaña
Praza do Toural s/n
15705 Santiago de Compostela
A Coruña, España
info@fundacion-granell.org

Horario Museo:
Verao (Xuño a Setembro):             Martes a sábado de 11:00 a 21:00 h. Domingo: de 11:00 a 14:00 h.

Inverno (Outubro a Maio):                Martes a sábado de 11:00 a 14:00 e de 16:00 a 21:00 h.                                Domingo de 11:00 a 14:00 h.

 © 2005-2007 Fundación Eugenio Granell . Todos os dereitos reservados.