| Pazo de Bendaña
A sede da Fundación Museo é o Pazo de Bendaña. Un edifício que se relaciona co arquitecto Clemente Sarela e erguese a finais da primeira metade do século XVIII.
O Título de Marqués de Bendaña foi concedido polo rei Carlos II en 1692 a don Rodrigo Falcón de Ulloa e Rivadeneira.
A Ubicación.- O Pazo (Palacio) de Bendaña está ubicado na praza do Toral en pleno centro histórico compostelano. Considerada como a mais bela mansión de Compostela, érguese sobre un solar de planta irregular, oferecendo na sua fachada principal a esta praza e as laterais á rúa dó Vilar e a rúa Nova.
O Interior.- Comezando pola sua ampla entrada, a interior xira en torno á sua maxestosa e teatral escada que ocupa un espazo cuadrangular e de oco libre. A balaustrada e os peldaños inician-se en cantería para continuar en madeira.
Na planta superior -que se correspondería coa zona nobre do edifício- se poderia atopar o grande salón, o comedor, a cociña e os cuartos da servidume. no exterior tres grandes balcons voados, que repousan sobre ménsulas, adornados con variña plana roscada e con diferentes deseños.
A planta inferior vió alterada o seu ritmo de vans ao converter-se en tragaluz unhas portas. Probabelmente neste andar se encontraban os gabinetes, cuartos de família e oratório.
A Fachada.- A sua fachada principal dispón-se en corpos con unha distribución das suas vans totalmente simétrica, con alternancia xanela e porta-xanela excepto na sua porta central.
A fachada da rúa dó Vilar divide-se en tramos separados por pilastras, apresentando cada un delas a mesma distribución, con balcons de balaustre.
na fachada da rúa Nova chama a atenzón a sinxela balaustrada construída sobre a única planta que aqui ten o pazo.
O Escudo.- O escudo do marquesado de Bendaña, que preside a fachada principal, está rodeado por unha orla cuidadosamente labrada, formada por conchas, volutas, acantos e fitas.
Sobre o blasón, unha figura identificada como Atlas, sustén unha esfera sobre os seus ombros que alude á sua misión de suxeitar a bóveda celeste, de aí que en ela aparezan tallados un sol e as estrelas.
Durante un período abondo longo este edifício albergó diferentes entidades da cidade, até que o seu destino se orientou cara actividades culturais, como as que hoxe albergan as suas paredes, o Museu e a Fundación Eugenio Granell.
|