GRANELL, PRINCIPIOS ANOS 20


24 abril, 2018 - 16 xuño, 2019
Salas 2 e 3. Segunda planta



Granell, principios anos 20 é unha exposición na que se acompaña a Eugenio Granell pola ruta que describe no seu libro "Memorias de Compostela". Comezando no número 6 da rúa Calderería, recorre as rúas do Santiago que Granell coñeceu na súa infancia. A mostra componse de postais e fotografías que representan eses lugares que el recordaba. Igualmente, complétase con fotografías das persoas que menciona no libro, como o violinista Quiroga, Carlos Maside, Manuel Antonio, Pablo Bescansa, García Sabell e Pumariño.
A ruta non finaliza en Santiago, senón que se continúa ata Coruña, onde vivía a familia Granell. A exposición é unha inmersión na Galicia e o Madrid das décadas de 1912 e os anos 30, a través dos ollos de Granell; esa época prometedora que rematou dramaticamente coa sublevación y la guerra.

 
Máis titulares sobre:
Exposicións