aluguer
O Museo Fundación Eugenio Granell pon a súa disposición unha serie de espazos na súa sede, o Pazo de Bendaña, para a celebración de todo tipo de eventos (conferencias, congresos, reunións, rodaxes, etc.). Marco ideal para facer reportaxes fotográficas de bodas e outros eventos sociais.

A edificación do PAZO DE BENDAÑA (ver foto), remóntase ao século XVIII. Está situado na Praza do Toural, centro neurálxico de Santiago de Compostela. Unha situación privilexiada, integrada no centro histórico e moi preto da zona nova da cidade. Dende a súa conversión en sede da Fundación Eugenio Granell, o interior do Pazo de Bendaña reformouse en dúas ocasións, a derradeira en 2010, dando como resultado un espazo versátil con salas amplas e diáfanas.

O Museo-Fundación Eugenio Granell conta con sete salas de SUPERFICIES VARIABLES (ver foto) dedicadas principalmente a propostas expositivas e nas que, ocasionalmente, pódense levar a cabo outras actividades culturais.

Estas salas repartidas en PLANTA 1 (ver foto)  e PLANTA 2  (ver foto) con características diferentes, poden adaptarse á realización de todo tipo de eventos. Ademais destas salas de exposicións, o museo conta tamén con outras dúas salas que, sendo de menor capacidade, pódense empregar para outro tipo de actividades como: cursos, obradoiros, presentacións de libros, performances...: a sala de didáctica e, unha sala especial, LUCERNARIO (ver foto), un prado no interior da Granell. “Sobre a nostalxia do antigo patio da Fundación Granell, naceu un novo espazo, unha creación aberta ao enxeño cultural e un lugar de sensacións onde relaxarse, meditar ou refrescar ideas”. Marcos Zacarías, arquitecto.

O Pazo dispón dunha fermosa TERRAZA (ver foto), un lugar de excepción no centro histórico de Santiago de Compostela, ideal para recepcións, concertos e outras actividades ao aire libre.

 

TARIFAS DE ALUGAR
Por acto (Considerando que o acto ten unha duración inferior a tres horas)
170 euros, prezo mínimo que variará en función das circunstancias adicionais ao acto (horarios, sala, aforo, material empregado...)

Para máis información: administracion@fundacion-granell.org // secretaria@fundacion-granell.org
Tel. 981 576394 // 981 572124

Para realizar a súa solicitude de alugamento pode cumprimentar este formulario e envialo por fax, correo electrónico ou correo ordinario.

 
Datos del solicitante
Nombre
*
Contacto
*
Email
*
Teléfono*
Tipo Acto
*
Duración*
Aforo
*
Fecha del Acto
*
 
Praza do Toural s/n
15705 Santiago de Compostela
A Coruña, España
secretaria@fundacion-granell.org

HORARIO MUSEO
Horario de inverno (outubro-maio)
Martes a Venres de 11.00 a 14.00 e 16.00 a 20.00h
Sábado: 11.00 a 14.00h
Domingo, Luns e Festivos: Pechado

Horario de verán (xuño-setembro)
Martes a xoves: 11.00 a 14.00h e de 16.00 a 20.00h
Venres: 11.00 a 14.00h e de 17.00 a 20.00h
Sábado: 11.00 a 14.00h
Domingo, luns e fetivos: Pechado


TARIFAS
Xeral: 2€
Reducida: 1€
Gratuíta: Mais información en Contactar

 

 

 © 2005-2007 Fundación Eugenio Granell . Todos os dereitos reservados.