titulo

Pagamentos electrónicos

Dende esta páxina poderá realizar pagamentos electrónicos ao Museo Fundación Eugenio Granell. A continuación indicámoslle o proceso de pagamento electrónico que ha seguir para os nosos servizos e os nosos produtos.

  1. Doazón á Fundación Eugenio Granell:
    Se quere efectuar unha doazón á Fundación, poderao facer a través do formulario que encontrará picando neste enlace, onde poderá efectuar directamente o seu ingreso a través da nosa web.

  2. Artigos da tenda dispoñibles na nosa web:
    Se quere adquirir os artigos da tenda, que temos á súa disposición na nosa web, primeiro debe realizar o pedido picando neste enlace. Unha vez que recibamos o pedido, enviarémoslle unha factura proforma co importe total da súa compra. E, finalmente, poderá efectuar o seu pagamento a través de transferencia bancaria ou ben a través da nosa pasarela de pagamento, para o que deberá indicar no concepto o número de factura proforma correspondente a súa solicitude.

  3. Alugamento de espazos:
    Se quere alugar un espazo, pode realizar a súa solicitude picando neste enlace. Unha vez aceptada, enviarémoslle unha factura proforma, e, finalmente,  poderá efectuar o seu pagamento a través dunha transferencia bancaria ou a través da  nosa pasarela de pagamento, para o que deberá indicar no concepto o número de factura proforma correspondente á súa solicitude.

  4. Outros servizos:
    Se quere efectuar o pagamento de calquera outro servizo que ofrece a Fundación e que non se encontra dispoñible a través da nosa web -por exemplo: outros artigos dispoñibles na nosa tenda, adquisición de rifas etc.-, deberá enviar un correo electrónico co seu pedido e/ou solicitude ás seguintes direccións: secretaria@fundacion-granell.org, o/y administración@fundacion-granell.org. Unha vez recibida e aceptada a súa solicitude e/ou pedido enviarémoslle factura proforma para que, a través dunha transferencia bancaria ou a través da  nosa pasarela de pagamento, poida efectuar o ingreso e, no concepto, deberá indicar  o numero de factura proforma correspondente á súa solicitude/pedido.
 
Praza do Toural s/n
15705 Santiago de Compostela
A Coruña, España
secretaria@fundacion-granell.org

HORARIO MUSEO
Horario de inverno (outubro-maio)
Martes a Venres de 11.00 a 14.00 e 16.00 a 20.00h
Sábado: 11.00 a 14.00h
Domingo, Luns e Festivos: Pechado

Horario de verán (xuño-setembro)
Martes a xoves: 11.00 a 14.00h e de 16.00 a 20.00h
Venres: 11.00 a 14.00h e de 17.00 a 20.00h
Sábado: 11.00 a 14.00h
Domingo, luns e fetivos: Pechado


TARIFAS
Xeral: 2€
Reducida: 1€
Gratuíta: Mais información en Contactar

 

 

 © 2005-2007 Fundación Eugenio Granell . Todos os dereitos reservados.